23 de julio de 2014

A OS POETAS SOLIDARIOS



A OS POETAS SOLIDARIOS


Este é o meu punto final,
Non quero mirar atrás
A través da experiencia,
Nun mundo de “raposeiros”
Onde se merca de presa,
A conciencia é a Ciencia.

Neste labirinto da vida,
Onde a farsa domina,
Todo está estipulado.
Preguntade o goberno,
¿onde está o gran pecado?
Do parentesco ou da amizade
¡Por exemplo!
¿Ou no sistema implantado?

É, si non é así,nada vales,
Pro goberno pasas por neci
Por moitos gritos que des,
Soia mente alcanzarás
A “burla” ¡non te enfades!

Alí os tendes erguidos:
“Entre os postos sinalados
Ben tapados  pola xente
De perfumes,  ben cheirados”.
É as xentes lles adoran
Perseguindo os “podemos”,
Enmudecendo a Xuíces,
É coa policía en: ¡Alto!
O goberno é perfecto:

¡Todo está moi ben atado!

¿Onde están os enmascarados?
¿Non os viches malpocado?

Das virtudes dos políticos,
Non se encontra fuga algunha
Aínda que  estean mal feitas;
Como as rodas do muíño,
¡Non vexades que ben baixan
As augas polo rodicio!

¡Hai, amigos, solidarios!
Tanta merda diante min,
En tan bo saco metida;
Quen non teña para vivir
Nin para saír da miseria …
¡Pense un pouco !
“É aguante  si sabe  aguantar”. ..
I é, logo o galego, sabe mais!
Do que se pode  atufar …
Por iso hoxe os digo:
Amigos e compadres meus:
¡Ata sempre, sen pensar,
O que maña pasará!





Manuel Alfonso Estévez- España, 








No hay comentarios: