23 de julio de 2014

¡NOS QUEREN REPRIMIR. . .!



¡NOS QUEREN REPRIMIR. . .!



Nos queren reprimir,
Impedir que falemos,
Que non escoitemos,
Que non sintamos, . . .

¡Nos queren amarrar a lingua! 

É, quizais, poidamos ocultala,
Con bolígrafo é papel;
Transmutarnos o etéreo
O Eterno Comunicador
De este mundo enfermo.
É, poderán segárnola existencia
É facer nova tumba
Que alcance as estreliñas,
A Lúa, o Sol ¡que sei eu!
Na procura das veciñas, . . .

Eu non son mais que un punto
No Cosmos, puido extinguirme ,
Pero con migo está a certeza
Da verdade é a xustiza
Que algún día chegará, . . .

Loitamos polo traballo é o pan,
É eles nos enchen de ¡IMPOSTOS!
Fame por aquí é por alá, . . .

¡Nada de esperanza e de paz!

¡Loitamos! Estamos a tempo,
Contra os oídos xordos;
É gritamos ¡Liberdade!
Con anguria e desalento,. . .

Nos queren tapala boca,
Por pedir a ¡Liberdade!
A liberdade de pensamento,
Do traballo ¡Liberdade!
Liberdade educativa,
Liberdade de conciencia,
Liberdade expresiva, . . .

¡En toda a extensión da verba!

¡Liberdade ! ¡Liberdade!

É, xustiza, como única arma,
Pan, traballo é vivenda;
Respaldo dos funcionarios
Que nos contestan con balas;
Que deixen de facer discursos,
Que contesten as chamadas
En lugar de “enchelos bolsos”
É para nós, nin pan, nin auga,. . .

Que nos se fagan os xordos
Que respondan as chamadas,
Que non digan “tende paciencia”.

¡Xa temos ben enxeitada!

Loitamos pola ¡Liberdade!
Non a liberdade proclamada
Por todo o que prometen,
Con refrescos é migallas
Dos Vampiros de sempre:

¡Sen conciencia e sen alma!

¡Liberdade! É ¡Liberdade!
Aínda cremos en ti, España.





Manuel Alfonso Estévez- España








No hay comentarios: