23 de julio de 2014

PERDOALLES E PERDOAME SEÑOR




PERDOALLES E PERDOAME SEÑOR.



 Ti que deixaches de falar,
Hai un tempo;
Mais dun enganoute
Hai  moito mais tempo.
¡Perdóalles  Señor!

“Cando vexo os ricos
De xeonllos suplicándote
É enchéndose de cartos,
O teus pes.
É,
Un pouco mais abaixo,
As xentes fedorentas,
Sen traballo, sen pan,
Expresando o seu lamento”. . .
¡Perdóalles  Señor!
Porque,
¿De que bando estás agora?
¿Dos ricos? Ben cho sabia . . .
É dos pobres non,
¡nada tiñan!

¡Aclárao dunha vez!

Si estás coa opulencia
Dos que a diario comulgan
E comercian coa vida,
É co pan de cada día.

¡Aclárate dunha vez!
Antes de que sexa tarde.
¡É, perdóalles  Señor!

De cando vexo
teus representantes na Terra,
barrigudos é feitos merda;
É os ricos
Comerciando con ela.
Ensuciando o teu BO NOME,
¡Perdóalles  Señor!

En canto a “paciencia e salvación”,
¡Aclara a túa posición !
Porque con estes farsantes,
É os pobres - como dis -
Sen traballo é con fame
¡pouco se pode facer!...
¡Perdóanos Señor!

É dinos dunha puta vez:
¿Con quen estás?

¡Perdóalles Señor!
Si fuches crucificado
Polos ricos,
Prometendo estar con nós,
É ves de estar cos ladróns
¡Aclárate dunha vez!
Que non é certo,
Que haxa que sufrir aquí
Para gana logo o Ceo,
Porque con loita é xustiza
Podemos concibila Terra,
De xeito  é ou outra maneira,…

¡Perdóame Señor!
Pola pregunta:
Si o paraíso que prometes
É unha parte do Ceo,
Cando resolvas o meu,
Estarei próximo a Ti
Pero polo de agora.
¡Perdóame Señor! Non creo en Ti.







Manuel Alfonso Estévez- España







No hay comentarios: