23 de julio de 2014

XUVENTUDE: ¿ONDE ESTÁS? ¡ESPERTA XÁ. . .!




XUVENTUDE: ¿ONDE ESTÁS? ¡ESPERTA XÁ. . .!



Esperta do mundo do saber,
Da desilusión
Porque preparados estades
Para esta nova misión.
Ti, como eu, viñemos o mundo
A vivir e “dar nome”
A unha misión nobre
Que non nos deixan cumprir.

Alistados nos campos da cultura
Para “formar” irmáns nobres
Non permanezas a escuras
Nestas etapas  de golpes.
Fala por ti é polos demais,
Na empresa mais importante
Que é a nosa Terra, ¡sempre nosa!
É tamén a dos teus pais.

Para acadar os cimentos
Arrebatados por outros,
Temos que sacar proveito
Cal nítida riqueza dun tesouro
O Sol,bañando con  raios de ouro,
Os nosos  aproveitamentos
Camiñando cal raposo.
¡Que digo! Sen tal repouso.






Manuel Alfonso Estévez- España,